En 1712 nun lateral fundaron unha capela D. Alonso garcía Varela e D. Tomé da Pena, veciños de Rial adicada a San Antonio de Padua.
Na fachada presenta unha porta alintelada con fornela superior.
Campanario con dous arcos de medio pundo sobre os que rematan dúas bólas e un pináculo cun van circular.
San Martín de Coucieiro
Contén restos da primitiva fábrica oxival no presbiterio. Destaca o altar maior barroco.
Ten unha nave de planta rectangular. Muros de cadeirado granítico con tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada. Sancristía pegada á cabeceira. Espadana barroca, construída no s. XVIII, con dobre corpo de campás rematada por un frontón semicircular partido. Ten uns curiosos canzorros se soportan o peso dos beirais do tellado.
Ten retablos con esculturas no seu interior.
Foi reconstruída en 1974.
Cruceiro da Igrexa de Maxais con mesa para difunto
Cruceiro do Cementerio
Ermida de San Lourenzo
Ten unha nave de planta rectangular. Os muros son de cachotaría. A fachada está decorada por unha cruz e un pináculo. No interior hai unha ara e unha seteira.
Pazo de Cernadas
Pazo construído para ser unha residencia nobiliaria pero que se usou como asilo e actualmente alberga o Proxecto Home. Vinculado a San Martín Pinario e a condes de Bugallal. Planta en forma de "U" Na fachada principal destacan a escaleira de acceso de dous tramos que se unen no primeiro piso, catro balcóns na á esquerda, e na dereita ábrense seis ventás e aparece o escudo de armas. Capela pegada na que se atopan os sepulcros dos condes de Bugallal. Muro de peche con portón, labrado en cadeirado e unha grande porta con frontón triangular partido, decoración a base de bólas e flanqueada por dúas garitas circulares con bancos de pedra pegados.
Orixinalmente tiña tres altares.
Casa rectoral do Pazo de Cernadas
Ermida de San Xoán de Bembibre
Romería dubresa a mediados de siglo XX
Tomado de:
http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=347&idNoticia=121937
En obras de restauración
Un dos dous cantores do coro pétreo da cátedral de Santiago que estivo tres anos flanqueando a entrada da capela de San Xoán(máis en: http://dubra-historia-patinho.blogspot.com/)
En 1970 Ares Espada descubríu dúas estatuíñas de 80x18x16 e 85x21x16cms. na capela de San Xoan Bautista das Augas Virxes(Bembibre), flanqueaban a porta. Son dous xoves cantores do coro pétreo da catedral de Santiago, atribuídos ó Mestre Mateo. Chamoso Lamas recuperóunas en 1970 para formar parte da reconstrucción do coro de pedra do Museo Catedralicio.
O rexidor Juan Baleato, izquierda, ca placa e o párroco Xosé Ortoño
FOTO: M.M.O.
Foi restaurada e inaugurada ó 24 de Xuño de 2009.
Esta ermida foi construída no século XVII (1650) Antigamente existía outro inmoble do s. XIII |
Ermida(nova) e cruceiro de San Estevo de Malvares
Prema sobre a imaxe para vela ampliada
Ésta é a capela nova e o cruceiro(parte dél orixinal) de Santo Estebo, sita en Malváres; a antiga capela estaba no lugar que lle daba nome: Santo Estebo.
Ésta capela era moi antiga: no 1607 xa consta nalgún documento e no 1791 erixíuse unha confraría á que o papa Alexandre VII(1599-1667) lle concedíu a graza do xubileo e indulxencia plena ós devotos que se alistasen na confraría e practicasen obras de piedade os días de Santo Estebo(26 de Decembro), o día da Ascensión do Señor{xoves da sesta semana pascual(ou domingo seguinte)}, o día da traslación dos ósos do santo(3 de Agosto) e un martes de pregarias públicas ó ano. Nembargantes a confraría acabóu desaparecendo.
Esta capela antiga tiña unha fonte(está cuberta pola maleza e deteriorada):
Foto do libro Rial de Lourdes Romero Antelo
Cruceiro de Santo Estevo
Igrexa, cruceiros e palomar de Santa María de Paramos
Foto tomada de http://www.valdodubra.es/Historia.php
Fotos tomadas de: http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=22480&ctre=1211&cidi=E
Autor: Javier Pais
Autor: blogportomouro@gmail.com
De estilo románico rural galego do século XIII. Nave de planta de cruz latina e ábside de pranta rectangular. No testeiro ábrese un ventanuco con columnas e unha ancha arquivolta axedrezada, sobre o piñón do ábside hai unha cruz sencilla e no da nave outra máis traballada inscrita nun círculo.
Os laterais ornaméntanse con ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.
Pedro Lorenzo fundou unha capela con advocación a San Pedro , que no ano 1586 herdaría Inés Ardeleiro
A sacristía é de época posterior, posiblemente de cando foi restaurada no ano 1646.
E o da Igrexa
De capitel de follas e caras ca imaxe de Cristo ó fronte e da Virxe da Piedade na parte posterior.
Fotos tomadas de: http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=22480&ctre=1211&cidi=E
Autor: Javier Pais
Autor: blogportomouro@gmail.com
De estilo románico rural galego do século XIII. Nave de planta de cruz latina e ábside de pranta rectangular. No testeiro ábrese un ventanuco con columnas e unha ancha arquivolta axedrezada, sobre o piñón do ábside hai unha cruz sencilla e no da nave outra máis traballada inscrita nun círculo.
Os laterais ornaméntanse con ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.
Pedro Lorenzo fundou unha capela con advocación a San Pedro , que no ano 1586 herdaría Inés Ardeleiro
A sacristía é de época posterior, posiblemente de cando foi restaurada no ano 1646.
No 1741 tiña a bóveda da capela maior pintada e o corpo da igrexa faiado.
Cruceiro:
Ten unha cruz rectangular con brazos con chafláns e remates florenciados con botón central.
Aparecen figuras de Cristo e A Piedade.
Capitel cúbico con follas e caras; fuste octogonal cuadrado; base cúbica apoiada nun escalón de planta cadrangular.
E de notar o palomar na parcela do cemiterio
Ten dous cruceiros:
O do cemiterio
E de notar o palomar na parcela do cemiterio
Ten dous cruceiros:
O do cemiterio
De capitel de follas e caras ca imaxe de Cristo ó fronte e da Virxe da Piedade na parte posterior.
Xunto ó cruceiro hai unha mesa que servía para depositar ó defunto e rezar as plegarias
Nos muros do atrio que rodean a igrexa hai un viacrucis de pedra de 14 estacións. Cruces de aristas biseladas e o remate de brazos florenzados
Nos muros do atrio que rodean a igrexa hai un viacrucis de pedra de 14 estacións. Cruces de aristas biseladas e o remate de brazos florenzados
Igrexa de San Cosme de Portomeiro
Estas fotos mostran a destrucción da igrexa polo temporal de febreiro de 2002 no que un raio derribou o campanario.
En 1527 foi reedificada por Juan de la Vega(natural de Santader)
No 1681 Roque Rodríguez Vilariño fundou unha capela en advocación a Nosa Señora do Rosario
O campanario está inscrito en dous arcos de medio punto e encima un arco apoiado nos dous.
No recinto hai unha pía bautismal
Igrexa e cruceiro de San Vicente de Niveiro
Reloxo de sol da igrexa de Niveiro
Detalle da cúpula
A fachada de perpiaños ben labrados ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto, unha fornela na que se atopa a imaxe do patrón e decorada con bólas nas esquinas. Campanario cadrangular.
Ten un reloxo de sol no lateral de poñente.
En 1626, fundou Andrés Domínguez unha capela, arrimada á igrexa, dedicada ós santos André e San Luís que desapareceu a mediados do século XVIII.
En 1860 un raio destruíu a torre e parte do templo.
A cruz do cruceiro ten formas de catro picos-petalo e os paus da cruz en sección cadrada. O Cristo é rustico e a Virxen a súas costas en actitude orante apoiando os pés sobre a cabeza e alas dun anxelote.
Capitel decorado. No capitel ten unha imaxe de San Antonio ó fronte e unha virxen na parte posterior.
Xunto ó cruceiro aparece unha mesa para plegarias e para depositar o difunto.
Igrexa e cruceiro de Niveiro do Medio
Igrexa, panteóns, pía bautismal e cruceiro de Santa Mariña de San Román
No 1710 o veciño de Bembibre Domingo Gómez fundou nesta igrexa unha capela á devoción de San Alberte
O campanario está inscrito nun dobre arco de medio punto e rematado en pináculo.
Panteóns antigos no cemiterio
Pía bautismal da Igrexa de San Román
Situada no cemiterio
Cruceiro da Igrexa de San Román
Cruceiro da Carreira, San Román
Igrexa de San Cristobo de Portomouro
En 1741 aínda conservaba un retablo interesante.
En 1755 Ignacio Martínez(de Troitosende) fixera traballos no lado da epístola e faría un pé para a imaxe de San Cristovo.
A vella igrexa de San Cristovo sería reedificada a primeiros do século XIX.
Igrexa de San Pedro de Vilariño
Tiña dous colaterais, desaparecidos a mediados século XIX. Ó lado da epístola encontrábase unha capela cá advocación de San Silvestre que fundara Juan de Seoane.
Na fachada destaca o campanario nun dobre arco de medio punto, sobre él un pequeno frontón.
Mausoleos con remates ornamentais de pedra.
Pía bautismal do cemiterio
Pía bautismal do 4º cuartel
Igrexa de Santa María de Arabexo
Planta rectangular, porta con sistema de construcción arquitrabado e campanario con dous arcos de medio punto sobre os que está un frontón semicircular.
Románica do s. XII, conserva un arco triunfal que descansa sobre columnas de capiteis con dedoración vexetal, no fondo do ábside atópase un pequeno retablo barroco pertencente a escola compostelá.
Igrexa de O Pazo (San Salvador de Bembibre)
Igrexa e vía crucis de San vicente de Rial
Altar de Xesús Nazareno(arriba)
Altar de Nosa Señora do Rosario
Fachada principal
Retablo Maior(abaixo)
Fotos tomadas do libro Rial de Lourdes Romero
A antiga xa consta en documentos no 1741. A principios do século XIX remátase a construción recente con tribuna e os tres altares: o maior e os lateráis de Nosa Señora do Rosario e de Xesús Nazareno.
A fachada de estilo barroco ten un frontón semicircular partido decorado e unha escultura do patrón(San Vicente) nunha fornela. Campanario cadrado con catro balcóns.
Vía crucis no adro ó redor da Igrexa
Vía Crucis de 14 cruces representando as 14 estacións da Pasión de Cristo.
A antiga xa consta en documentos no 1741. A principios do século XIX remátase a construción recente con tribuna e os tres altares: o maior e os lateráis de Nosa Señora do Rosario e de Xesús Nazareno.
A fachada de estilo barroco ten un frontón semicircular partido decorado e unha escultura do patrón(San Vicente) nunha fornela. Campanario cadrado con catro balcóns.
Vía crucis no adro ó redor da Igrexa
Ermida de San José da Abelenda
Ermida e cruceiro do Espíritu Santo
Ésta ermida foi aumentada en 1783, facéndolle a entrada principal fóra do costume de orientar o altar cara oriente. No interior sobre a porta ten unha fornela(tapiada) na que estaría algunha imaxe.
Cruceiro do Espíritu Santo
Detalle do cruceiro
Cruceiro sobre plataforma de 4 gradas, a primeira feita de formigón e sobre esta base de talón invertido feito en pedra. Base mui moldeada. Fuste de sección cuadrangual octavado. Capitel xónico con querubíns. Cruz de brazos rectos ca imaxe de Cristo ó fronte e a Virxe orante na posterior
Igrexa e cruceiro de Santiago de Buxán
Detalle da portada
Reconstruída entre 1909 e 1913, pero conserva algúns restos románicos. Ten unha nave de planta rectangular. A cuberta é a dúas augas. A fachada ten unha porta e un relevo de Santiago Matamoros. Campanario de estilo neogótico.
Ten retablos, un neogótico e outro barroco, con esculturas no seu interior.
Esta igrexa é bastante antiga e tivo moita importancia nos seus tempos. Está construía sobre parte dun castro(véxase: http://castrosdevaldodubra-patimho.blogspot.com/)
Cruceiro con altar
Reconstruída entre 1909 e 1913, pero conserva algúns restos románicos. Ten unha nave de planta rectangular. A cuberta é a dúas augas. A fachada ten unha porta e un relevo de Santiago Matamoros. Campanario de estilo neogótico.
Ten retablos, un neogótico e outro barroco, con esculturas no seu interior.
Conserva o presbiterio primitivo e un novo retablo, que imita a fachada da catedral de Milán, colocaronse as imaxes da anterior, entre as que destaca un Santiago peregrino de Ferreiro ou da súa escola .
Esta igrexa é bastante antiga e tivo moita importancia nos seus tempos. Está construía sobre parte dun castro(véxase: http://castrosdevaldodubra-patimho.blogspot.com/)
Cruceiro con altar